O sinistro tivo lugar na OU-1103 preto das 9:20 horas

NOTICIAS A LIMIA | A colisión entre un coche e un camión deixa dous feridos en Vilar de Barrio

Os sanitarios tiveron que atender ós dous ocupantes do turismo sinistrado.

Os servizos de emerxencias recibían esta mañá unha alerta trala colisión entre un turismo e un camión na OU-1103, co concello de Vilar de Barrio. Os Bombeiros de Xinzo desprazáronse ata o accidente, que ocorreu preto das 9:20 horas, para excarcerar ós ocupantes do coche que resultaron feridos e trasladáronos a un centro médico.

O sinistro tivo lugar no punto quilométrico 2, á altura da parroquia das Maus, e ata alí desprazáronse o 061, a Garda Civil, o GES de Maceda, a Protección Civil de Vilar de Barrio e os Bombeiros de Xinzo. Por outra banda, o conductor do camión saíu ileso.

O accidente tivo lugar na OU-1103, en Vilar de Barrio, preto das 9:20 horas de hoxe.