Os servizos de emerxencias recibían esta mañá unha alerta trala colisión entre un turismo e un camión na OU-1103, co concello de Vilar de Barrio. Os Bombeiros de Xinzo desprazáronse ata o accidente, que ocorreu preto das 9:20 horas, para excarcerar ós ocupantes do coche que resultaron feridos e trasladáronos a un centro médico.
O sinistro tivo lugar no punto quilométrico 2, á altura da parroquia das Maus, e ata alí desprazáronse o 061, a Garda Civil, o GES de Maceda, a Protección Civil de Vilar de Barrio e os Bombeiros de Xinzo. Por outra banda, o conductor do camión saíu ileso.