3 de septiembre de 2022, 12:05
Esta mañá aínda qeudaban os restos dun accidente que tivo lugar ás 5:45 horas na rúa Dous de Maio de Xinzo. Un coche saiuse da vía e acabou caendo dende a ponte que cruza o río Limia, no lado esquerdo en dirección o Pavillón Municipal.
Ata o lugar desprazáronse os medios de emerxencias para auxiliar ó condutor, que saiu polo seu propio pé do vehículo e foi trasladado ó hospital para facerlle unha revisión. A Policía Local precintou unha parte da ponte, dado que no impacto se romperon algunhas vaias.
Por sorte para o condutor, o sinistro tivo lugar nunha zona na que o caudal do río está seco e iso permitiulle poder saír do vehículo. Agora, as tarefas céntranse en retirar o coche, que segue envorcado onde caeu esta madrugada.