Redacción
12 de abril de 2021, 17:20
Non se rexistraron novos contaxios na comarca, polo que Xinzo de Limia segue contando con sete positivos e Porqueira con un.
Os demais concellos da bisbarra non contan con ningún caso activo dende fai varios días. En termos xerais, isto son boas novas, tendo en conta que hai pouco que foron as vacacións de Semana Santa.