CORONAVIRUS A LIMIA | Na comarca hai este venres 51 casos activos menos que a semana pasada
A semana remata mellor do que comezou, aínda que sete concellos están con números lixeiramente máis altos, a incidencia reduciuse en Baltar, Os Blancos, Sarreaus e Xinzo, que están en cifras máis baixas que o venres da semana pasada. Hoxe Xinzo baixa dos 300 casos activos. Está en 292, nove menos que onte e 79 menos que hai sete días.
A baixada en Xinzo volve compensar a suba no resto dos concellos. Na comarca hai 496 casos activos, oito menos que este xoves. A respecto do venres da semana pasada, a baixada foi de 51 casos. Hai catorce días, desde o venres 7 de xaneiro, que a cifra en Xinzo non baixaba dos 300 contaxios.
Así están os rexistros
BALTAR (variación -2) 15 (activos)
OS BLANCOS (+1) 13
CALVOS DE RANDÍN (+3) 9
PORQUEIRA (+4) 27
RAIRIZ DE VEIGA (-3) 24
SANDIÁS (-1) 40
SARREAUS (=) 24
TRASMIRAS (=) 17
VILAR DE BARRIO (+2) 16
VILAR DE SANTOS (-3) 19
XINZO DE LIMIA (-9) 292
Despois de dúas semanas críticas pola expansión dos contaxios, a incidencia parece moderarse en todos os concellos. Sandiás mantense nos 40 casos hoxe, e Porqueira e Vilar de Barrio están nos seus máximos, igual que Calvos de Randín, mais aquí con cifras moi baixas (entre onte e hoxe, 3 casos mais que elevaron o número a 9).
En Xinzo esta tarde volve haber cribado. Nas dúas quendas desta semana detectáronse nove positivos entre 327 mostras tomadas. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou hoxe que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 78.692 deles 8.242 (o 10,4%) están na área de Ourense.