Variacións mínimas nas cifras de casos activos no cuarto día da semana

CORONAVIRUS A LIMIA | Un máis que onte en Xinzo, un máis no conxunto da comarca

Interior do centro de saúde de Xinzo.

Este xoves están rexistrados 222 casos activos na comarca da Limia, un máis que onte. Xinzo pasou de 144 a 145 casos nesta xornada. A capital da comarca representa a día de hoxe o 65% da cifra global. Catro concellos permanecen sen variacións a respecto de onte. Houbo baixadas (mínimas) en Porqueira, Sarreaus e Vilar de Santos. E subiron Rairiz, Trasmiras e Vilar de Barrio, ademais de Xinzo.

Así están os rexistros
BALTAR  (variación =)  1 (activos)
OS BLANCOS  (=)  7
CALVOS DE RANDÍN (=)  4
PORQUEIRA  (-1)  7
RAIRIZ DE VEIGA (+2)  10
SANDIÁS (=)  14
SARREAUS (-1)  7
TRASMIRAS  (+1) 5
VILAR DE BARRIO (+1)  18
VILAR DE SANTOS  (-2)  4
XINZO DE LIMIA  (+1)  145

Fóra da capitalidade, a cifra é de 77 casos activos. E segundo informa o SERGAS, a incidencia dos últimos sete días está por baixo dos dez novos contaxios na maioría, agás Sandiás (12 novos casos) e Vilar de Barrio (10). A incidencia en Xinzo segue diminuíndo: nos últimos sete días foron diagnosticados 86 novos contaxios, e 186 no período de 14 días.

Segundo a última actualización de datos do SERGAS, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 49.182, deles 4.894 na provincia de Ourense.