NA COMARCA HAI 50 CASOS MÁIS QUE ONTE E SÓ TRASMIRAS REDUCE O NÚMERO

CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo roza os 200 casos activos de covid despois dun incremento do 23%

Interior do centro de saúde de Xinzo.

En Xinzo de Limia hai contabilizados hoxe 197 casos activos de covid-19. As cifras seguen medrando e, nos últimos días, a un ritmo máis veloz: un 23,8% a respecto de onte. A curva empeza a dispararse e a capitalidade bate outro record. O número de contaxios rexistrados duplicouse desde o 1 de xaneiro. 

Eses 197 casos supoñen o setenta por cento dos rexistrados na comarca. Hoxe son 269, cincuenta máis que onte. Só Trasmiras reduce o número e pasa de 13 a 11. Porqueira e Calvos seguen con un caso en cada concello. O resto, soben. O que máis, Sarreaus, onde se detectaron 5 novos contaxios. 

Así están os rexistros: 

  • Baltar: 11 (+2)
  • Os Blancos: 10 
  • Calvos de Randín: 1
  • Porqueira: 1
  • Rairiz de Veiga: 6 (+2)
  • Sandiás: 10 (+3)
  • Sarreaus: 12 (+5)
  • Trasmiras: 11 (-2)
  • Vilar de Barrio: 4 (+1)
  • Vilar de Santos: 6 (+1) 
  • Xinzo da Limia: 197 (+38)

A taxa de incidencia en Xinzo de Limia supera a ratio de 2.000 casos por cen mil habitantes. Na comarca, a ratio está nos 1.358 segundo os datos de hoxe.

Mapa galego con incidencia por concello en: https://coronavirus.sergas.gal/datos/#/gl-ES/galicia