En Xinzo de Limia hai contabilizados hoxe 197 casos activos de covid-19. As cifras seguen medrando e, nos últimos días, a un ritmo máis veloz: un 23,8% a respecto de onte. A curva empeza a dispararse e a capitalidade bate outro record. O número de contaxios rexistrados duplicouse desde o 1 de xaneiro.
Eses 197 casos supoñen o setenta por cento dos rexistrados na comarca. Hoxe son 269, cincuenta máis que onte. Só Trasmiras reduce o número e pasa de 13 a 11. Porqueira e Calvos seguen con un caso en cada concello. O resto, soben. O que máis, Sarreaus, onde se detectaron 5 novos contaxios.
Así están os rexistros:
- Baltar: 11 (+2)
- Os Blancos: 10
- Calvos de Randín: 1
- Porqueira: 1
- Rairiz de Veiga: 6 (+2)
- Sandiás: 10 (+3)
- Sarreaus: 12 (+5)
- Trasmiras: 11 (-2)
- Vilar de Barrio: 4 (+1)
- Vilar de Santos: 6 (+1)
- Xinzo da Limia: 197 (+38)
A taxa de incidencia en Xinzo de Limia supera a ratio de 2.000 casos por cen mil habitantes. Na comarca, a ratio está nos 1.358 segundo os datos de hoxe.
Mapa galego con incidencia por concello en: https://coronavirus.sergas.gal/datos/#/gl-ES/galicia