Dous turismos chocaron en Xinzo de Limia, no cruzamento das rúas Río Sil e Río Arnoia sen que se producisen danos físicos entre os ocupantes. Unha patrulla da Policía Local acudiu ao lugar do sinistro, mais non se requiriu asistencia sanitaria para ningunha das tres persoas implicadas.
O accidente tivo lugar pouco antes das 18:30 horas, co asfalto mollado e con chuvia nese momento. Ao parecer, os vehículos chocaron fronto-lateralmente.
O que resultou mais danado foi o Chevrolet Aveo, con danos na parte esquerda defensa dianteira e no capó; mentres que o outro turismo implicado, modelo Volswagen Polo, recibiu o golpe na porta do condutor.
Uns quince minutos despois do choque o tráfico quedou restablecido e os restos dos vehículos, retirados da estrada.