Redacción
7 de abril de 2021, 18:39
O Concello de Xinzo de Limia mantén pechada ó tráfico de peóns unha das pasarelas que cruzan o río Limia ao seu paso pola vila. Trátase, concretamente, dunha das dúas beirarrúas que unen a avenida Río Limia co Camiño do Bouzo, ó lado do Parque do Toural.
O motivo é o desprazamento da ponte, debido á perda dun taco de goma que tiña como función amortecer a vibración provocada polo tráfico rodado, especialmente o pesado.
Esta permanecerá cerrada ata que unha grúa de gran tonelaxe, necesaria debido ó peso da pasarela, se desprace ata a vila para a súa recolocación. A Policía Local xa precintou a parte da ponte, para impedir o paso de peóns polo lateral afectado.