sábado. 23.11.2024

Elvira Lama, alcaldesa de Xinzo, presentou esta mañá a través dun comunicado de prensa a Esther Testa Portomeñe como nova interventora do Concello de Xinzo en substitución de Mónica Legazpi, que deixou o servizo despois de cinco anos en contrato por acumulación de tarefas e pasou a desempeñar as súas funcións na Deputación de Ourense.

Esther Testa Portomeñe é natural de Lugo, conta 23 anos de idade e forma parte da bolsa de interinidades da Xunta de Galicia tras graduarse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela

No comunicado, a alcadesa, Elvira Lama, deséxalle a Testa Portomeñe un bo comezo da súa carreira profesional: “Este é o seu primeiro posto de traballo na Administración pública e é un posto de gran responsabilidade. Esperamos prestarlle toda a axuda que precise”, sinala a alcaldesa. 

No último pleno, a principios de xaneiro, despediuse a Mónica Legazpi, a anterior interventora. Aínda que non puido estar presente por problemas de saúde, os compañeiros da corporación trasladáronlle todo o seu agarimo nunha sesión que seguiu de forma telemática, indica o comunicado.

NOTICIAS A LIMIA | A nova interventora de Xinzo ten 23 anos e procede da bolsa de...