miércoles. 22.01.2025

O músico Antonio Luz estreou tema e videoclip o pasado xoves, nos que amosa o seu interior máis verdadeiro: o Flamenco e as músicas de Galicia.

Será así mesmo, a súa posta de longo como produtor e arreglista. Ademáis das voces, súas son tamén as gravacións de guitarra flamenca, gaitas e frauta low whistle, así como as mesturas e arranxos musicais.

Para a figuración do videoclip, contou coa colaboración das Rebulideiras de Sarreaus, e no baile coa agrupación María Rial Flamenco de Vigo. A dirección e postprodución do vídeo foi a cargo de O Faiado Producións.

Ademais da colaboración do Concello de Sarreaus (onde se gravou parte do vídeo) o artista conta co patrocinio de Xadigal, para este e futuros proxectos. O videoclip estrease o 16 de xaneiro ás 22:00 horas en Youtube e dúas horas máis tarde no resto de plataformas dixitais.

O videoclip foi rodado nos campos de a Limia concretamente en Sarreaus e tamén se desprazaron á zona do berbés e praia do Museo de Mar en Vigo. Na parte do equipo de O Faiado Producións dirixido por Alberto Outeiriño, están tamén, na realización e posproducción Roberto Cid e a fotografía fixa de José Juan Pérez.

Unha fusión de imaxes e cultura de Galicia e Andalucía que as une aínda máis con este proxecto.

NOTICIAS XINZO | "Alalá": A Limia como escenario dunha fusión de flamenco e música galega