viernes. 31.01.2025

A Asociación Cultural Civitas Limicorum ten o pracer de anunciar unha nova e ilusionante proposta dentro do seu Annus Argenteus, o ano do seu 25 aniversario. O Forum Limicorum Musical celebrarase o sábado 21 de xuño en Xinzo de Limia, froito da colaboración directa entre a Asociación e o Conservatorio Profesional de Música da vila.

Este evento supón un paso máis na aposta da Asociación por involucrar nas súas programacións os diferentes colectivos e agrupacións locais, aportando valor á cultura e á identidade de Xinzo. Nesta ocasión, xunto co Conservatorio, ofrecerase un espectáculo musical e visual sen precedentes, cun formato completamente aberto e gratuíto para toda a cidadanía.

A data do evento quedou oficialmente fixada tras a reunión celebrada hoxe entre a Civitas, co seu presidente Marcos Argibay e a tesoureira Ana Lozano, e o Conservatorio Profesional de Música de Xinzo, representado pola súa directora, Esmeralda Marra.

Forum Limicorum Musical será unha das moitas actividades especiais que Civitas Limicorum presentará ao longo deste 2025 para conmemorar os seus 25 anos de historia, consolidándose como un referente cultural e social en Xinzo.

Animamos a toda a veciñanza a marcar o 21 de xuño no seu calendario! En breve desvelaremos máis detalles sobre o que acontecerá esa xornada, pero podemos garantir que será unha experiencia única para os sentidos.

NOTICIAS XINZO | A Civitas Limicorum e o Conservatorio de Xinzo únense para ofrecer un...