lunes. 25.11.2024

Veciños da rúa Ladeira, no barrio do Polígono en Xinzo de Limia, mostraron o seu malestar a través das redes sociais polo estacionamento dun vehículo todoterreo, sen placas e cos precintos da Garda Civil visíbeis nas ventás. Segundo afirman, este coche levaba uns meses no aparcadoiro do interior do cuartel da Garda Civil en Xinzo, situado na mesma rúa. E, desde a semana pasada, está aparcado enfronte do cuartel.


O Diario do Limia solicitou este xoves unha explicación por parte da Garda Civil.

vehículo todo terreo na Lardeira. Outono 2022 (1)
Os dous coches, aparcados xunto aos colectores nunha das beirarrúas da Ladeira.

Dáse a circunstancia de que o vehículo foi estacionado na mesma beirarrúa e xunto a uns colectores de lixo no que leva 13 abandonado outro coche, un turismo, que tamén fora precintado tras unha decisión xudicial. O pasado 22 de xuño, o Diario do Limia publicou unha información sobre este outro caso, na que as veciñas advertían que o turismo permanece nunha ruta escolar (o Colexio Público Rosalía de Castro está a escasos cen metros) e xusto diante dun centro de día e dunha residencia de anciáns. As veciñas queixábanse: “nos veráns hai avespeiros e ás veces ao redor está cheo de vexetación”.   

Daquela, o goberno municipal de Xinzo de Limia, consultado o concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Ramón Gómez, eludiu unha resposta sobre a responsabilidade municipal no estacionamento prolongado dun vehículo nesa situación de abandono.

vehículo todo terreo na Lardeira. Outono 2022 (2)
O todoterreo, xusto diante do cuartel, no barrio do Polígono en Xinzo.

 

NOTICIAS XINZO | Veciños da Ladeira denuncian o abandono na rúa doutro coche precintado...