jueves. 21.11.2024

O Concello de Xinzo de Limia rexistra diferentes actos vandálicos e roubo de flores en todo o municipio pero, sobre todo, no parque do Toural. Dende a Casa Consistorial afirman que faltan hortensias de gran tamaño.

O concelleiro de Servizos Públicos, Rafa Penabad, fai un chamamento á cidadanía para que se respecte os espazos públicos: "Trataremos de empregar as redes sociais para informar dos danos que se están ocasionando nestas zonas e tamén para recordar aos cidadáns que hai que coidar o que é de todos".

Con motivo de sanear as zonas verdes, o Concello plantou medio millar de especies: 213 surfinas, 36 rododendros, 45 hortensias, 150 tagetes, 4 glicinas, 20 dimorfotecas, 15 conchitas e unha diosma. 

A pesares destes actos, o executivo local seguirá realizando as tarefas para embelecer o municipio e para que os veciños e visitantes poidan aproveitar e desfrutar dos espazos ao aire libre.  

Roubo de flores e actos vandálicos no parque do Toural