Cristina Corbillón
28 de junio de 2021, 20:17
O Concello de Xinzo de Limia, como entidade adxudicadora, convida a todos os interesados a presentar as solicitudes para a concesión de dominio público dos postos 10,12, 13 e 16, destinados á venda de carne e peixes na Praza de Abastos. O procedemento desta licitación está aberto a calquer empresario interesado, sendo o maior canon ofertado o único criterio de adxudicación.
A cantidade mínima que cómpre aboar son 99,73€ ao ano. O prazo de concesión é dun total de dez anos. Asimesmo, esíxense garantías, como concepto de fianza, duns 199,46€ para os postos. Hai un prazo de 30 días hábiles para presentar as ofertas para todos os interesados.