Amador Díaz, líder dos pataqueiros da Limia, deu o discurso de peche na mobilización do sector primario da Limia este martes, 5 de xullo, en Ourense. O sector, que xa se mobilizou en marzo pasado, protesta pola suba dos prezos nos insumos e o incumprimento da Lei da Cadea Alimentaria que está a permitir as vendas a perdas.
Díaz agradeceu o esforzo aos participantes e advertiu que as mobilizacións continuarán se non se atenden as demandas da Limia. E lembrou "aos políticos" que "a base da economía dun país é ter unha agricultura forte".