Pablo Fernández, de Jaly's, presenta a última proposta de Jaly's: patacas fritas con sabor a sal e vinagre. “Pedírono moitos clientes”, asegura, e na empresa (once anos xa na transformación na Limia) esperan que teña un éxito parecido á variedade de fritas con sabor a churrasco. “Din que sabe de verdade a churrasco, que só nos falta pórlle o oso”. En Patatas Fritas Jaly’s, malia a crise do sector primario, afirman que a calidade do produto continúa sendo moi alta, e que para eles o verán foi unha boa tempada. No recinto do pavillón, as patacas de Jaly’s (degustación gratuíta) son das máis demandadas.