Un avión do Servicio de prevención e defensa contra incendios forestais descarga auga sobre o lume nunha zona de bosque en Gudes, en Xinzo da Limia. Foi o terceiro incendio declarado esta semana na comarca da Limia, despois do de Lamas o luns e o de Trasmiras, onte. Os lumes arrasaron unha superficie pequena e non supuxeron risco para as vivendas máis próximas ou para as persoas. A rápida intervención dos medios aéreos, aínda non moi esixidos polo número de incendios estes días, permitiu que os lumes se controlasen a tempo.