Saída dos e das participantes este mércores, 6 de xullo, terceiro día de competición do parapente, desde a área de despegue sur na parte portuguesa do Laourco, a montaña que reivindica usos sostíbeis e lúdicos fronte a ameaza eólica. Toda a cor dos aparellos fundida coa impresionante paisaxe nunha mañá de bo vento na raia. Poden gozar deste espectáculo até o sábado... se o vento e o tempo acompañan.