Os capitáns dos bandos en loita, moros e cristiáns, convidan ás veciñas e aos veciños da Limia a acudir a ROMARÍA DA SAÍNZA, que se celebrará en Rairiz de Veiga os días 23, 24 e 25 de setembro. O domingo 25, antes do xantar, terá lugar a Batalla de Moros e Cristiáns, unha tradición que ten máis de 170 anos.