jueves. 21.11.2024

Vilar de Barrio

VÍDEO – A pataca (e o gando) poñen Vilar de Barrio no mapa

Manuel Conde, alcalde de Vilar de Barrio, analiza o resultado da Festa da Pataca. Destaca a “asistencia masiva de público local e dos concellos limítrofes”, en especial de nenos e nenas na xornada do domingo. “Podemos estar moi orgullosos”, di, “Vilar de Barrio somos capaces de sacalo adiante entre todos”. Conde agradece a presenza institucional de Coristanco e das Administracións provincial e autonómica e asegura que “a Asociación da Festa da Pataca e o Concello de Vilar de Barrio intentamos facelo o mellor posíbel, e penso que o resultado foi bo”. O alcalde destaca ademais a achega doutro sector clave na economía do concello: o gandeiro. “Moita xente moza nunca vira unhas vacas xunguidas e puido ver os carros levados por xugadas de vacas, grazas a gandeiros do Macizo Central que trouxeron estes e outros exemplares da súa facenda”.

 

GRAVACIÓN E EDICIÓN: Noelia Caseiro.

VÍDEO – A pataca (e o gando) poñen Vilar de Barrio no mapa