O tenente de alcalde (alcalde en funcións) Amador Díaz aproveitou a presencia esta mañá de diferentes autoridades na inauguración da Feira do Comercio de Xinzo para reclamar un pavillón de exposicións na localidade. Entre outras representantes institucionais, estaban presentes o delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén; a xerente do Inorde, Emma González; a presidenta da entidade comercial (ProLimia) que promove o evento, Concepción Conde, e a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez.