Numerosas veciñas e veciños da comarca da Limia achegáronse este sábado á Feira do 27, no Toural, mentres no mesmo parque se celebraban as Olimpiadas Rurais (que continúan pola tarde) e no pavillón de deportes, a Feira do Comercio (que segue toda a tarde e mañá domingo, todo o día). Na Feira tradicional, á unha da tarde o espazo das polbeiras no antigo mercado de gando (ese que nos plans dos partidos de Xinzo figura como futuro espazo do Pavillón de Exposicións) estaba case cheo e na propia feira había unha manchea de xente.