O persoal sanitario do Centro de Saúde de Xinzo de Limia comezou esta mañá a impartir charlas en diversos centros educativos da comarca sobre obesidade infantil, "a nova pandemia". Os primeiros foron os alumnos dos colexios dos Blancos e de Baltar, que recibiron a visita de Sonia Valado, enfermeira de Pediatría; e de Cynthia Suárez, MIR de medicina Familiar e Comunitaria.
O obxectivo desta iniciativa de saúde é "disminiur los altos índices de obesidad infantil que estamos detectando en la comarca de A Limia", explica Valado. A enfermeira chegou hai dous anos ó Centro de Saúde de Xinzo, onde atende aos máis pequenos da contorna, e apreciou o sobrepeso que teñen moitos cativos. "Buscamos concienciar en los coles, tanto a niños como profesores, para atacar este problema que está empeorando muchísimo", engade a sanitaria.
As charlas, que comezaron hoxe, continuarán mañá no CEIP Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga e no CEIP da Sandías, para rematar o 29 de novembro cos rapaces do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo. "Les explicamos todas las consecuencias que trae la obesidad infantil para la salud, ya que no es solo un problema estético", conta Valado. A enfermeira fala dalgunhas complicacións que poden presentar os rapaces como a hipertensión, a diabetes infantil ou fígado graso. "A los niños les sorprende ver que hay tantas patologías asociadas", apunta.
Esta campaña de concienciación desenvólvese con cativos de Infantil e Primaria aos que lles explican todo o que pode ocasionar a obesidade, non só polo aspecto físico. "Tienen que empezar a verlo como una enfermedad", destaca. A iniciativas estase centrando nos colexios, con nenos e mestres, pero Valero considera que sería importante contar coa implicación dos pais. "La obesidad infantil es terrible y aún hay mucha gente que toma como excusa el tiempo de confinamiento en la pandemia, pero ya no lo es", conclúe a enfermeira.