jueves. 21.11.2024

 O Concello de Baltar e a Deputación de Ourense acordaron esta mañá unha colaboración para construír unha residencia de maiores na localidade, proxecto que será unha realidade trala reforma da antiga casa reitoral. O presidente provincial, Manuel Baltar; e o alcalde, José Antonio Feijoo, asinaron un convenio a través do que o Goberno provincial se compromete a financiar as obras con cargo aos orzamentos de 2024 e 2025, en cooperación coa Consellería de Política Social.

Trala sinatura, Baltar destacou que o proxecto que sairá adiante grazas "a unha nova mostra da colaboración entre administracións, xa que tamén se sumará a Xunta de Galicia, axudando a facer posible unha demanda axustada ás necesidades do concello co mellor comportamento demográfico da comarca da Limia". A iniciativa dá os seus primeiros pasos "polo compromiso do alcalde e do grupo de goberno, que loita día a día polos intereses do concello".

No acto, ademais dos concelleiros do equipo de Goberno local, estiveron presentes. Feijoo dixo sentirse "ilusionado por plasmar nun documento esta necesaria obra". Ademais, sinalou que o concello ten un numeroso colectivo de persoas maiores e preto dun cento delas viven soas e cunha gran dispersión, "polo que temos que garantirlles unha boa acollida e un servizo de calidade na futura residencia".

NOTICIAS A LIMIA | O Concello de Baltar e a Deputación acordan crear unha residencia de...