Umia, 0; Antela; 2

AVANCE | Primeira vitoria do Antela fóra da casa

Minutos finais do Umia-Antela este domingo na Bouza. | FOTO: Antela F.C.

Liga de Preferente

[ACTUALIZACIÓN 16:00 HORAS] O Antela gañou ao Umia (0-2) en partido correspondente á quinta xornada da Liga de Preferente disputado esta mañá no campo de Barrantes. Un gol de Romero, no minuto 70 de partido, e outro de Pedro, no 90, valeron aos de Óscar Sabucedo para sumar o seu primeiro triunfo fóra da casa esta tempada. Despois de dúas derrotas e 7 goles encaixados nos dous encontros anteriores como visitante, o Antela puido manter a súa portería a cero por primeira vez nesta Liga.

O Antela comezou o partido cun once inédito e unha disposición habitual, mais con Juáncar no lateral dereito e Brexio e Quintairos como centrais. Sabucedo deu ademais entrada na dianteira a xogadores que garanten un sacrificado traballo defensivo (Romero e David Lamas), deixando no banco a Carlos e Borja, que sairían xa avanzada a segunda metade.

“A verdade é que custounos un pouco entrar no partido, pero avanzada a primeira parte puidemos ir apertalos arriba e manter as nosas liñas moi xuntas”, resume o adestrador durante a viaxe de regreso do equipo. “Na segunda parte seguimos igual e estivemos moi concentrados e con boa predisposición ao traballo. Apenas nos crearon perigo”.


“En realidade foi un partido moi parecido ao do Areas [o último na Moreira]. Estivemos moi ben en todas as liñas, con menos ocasións de gol que aquela mañá, pero aproveitamos dúas na segunda metade”, conta Sabucedo, que resta importancia á expulsión de Xosé no final do partido tras unha disputa cun rival, que tamén foi expulsado. Os dous primeiros triunfos do Antela na Liga de Preferente producíronse en partidos matinais (diante do Areas o domingo da Saínza, e hoxe en Ribadumia).

Despois de dúas derrotas e 7 goles encaixados nos dous encontros anteriores como visitante, o Antela puido manter a súa portería a cero por primeira vez nesta Liga. Os dous primeiros triunfos do Antela na Liga de Preferente producíronse en partidos matinais (diante do Areas o domingo da Saínza, e hoxe en Ribadumia).

Con esta vitoria, o Antela alcanza os 6 puntos na clasificación e foxe provisionalmente dos últimos lugares que ocupou nas primeiras xornadas do campionato. O mércores, en Ourense, xogará a primeira eliminatoria de Copa contra o Pabellón (Primeira galega) e o domingo volverá á Moreira para recibir ao Beluso en Liga. O Beluso venceu onte ao Céltiga (3-1) e sitúase nos postos altos da clasificación. Ademais do partido do Beluso, esta mañá disputouse o Porriño Industrial-Portonovo, que se resolveu para os locais (1-0) un tanto de Sergio Aballe. O Beluso e o Porriño suman xa 10 puntos con tres vitorias e un empate nos cinco primeiros partidos.

FICHA TÉCNICA

Umia: Pablo, Ángel, Carlos Besada (Veiga, 75’), Jonás, Miguel (Antonio, 67’), Guillermo (Mario, 75’), Nicolás (Betancor, 75’), Anxo, Oumar, Óscar e Diego Iglesias.

Antela: Suso, Juáncar, Quintairos, Breixo, Teixeira (Adrián, 83’), Noel, Xabi Lamas (Xosé, 54’), Pedro, Romero (Carlos, 75’), David Lamas (Borja, 64’) e Joni.

Goles: 0-1, m. 69: Romero; 0-2, m. 90: Pedro.

Árbitro: Daniel Barrera. Auxiliares: David Rapela e Iago de Oliveira. Mostraron tarxeta amarela a Guillermo (90’) e Sergio -adestrador- (90’), e expulsaron con cartón vermello directo a Diego Iglesias (90’) polos locais; e a Pedro (44’), Breixo (47’), Carlos (83’) e Joni (90’) e expulsaron con cartón vermello directo a Xosé (90’) polos visitantes.  
 
Incidencias: Estadio A Bouza (Barrantes). 

CLASIFICACIÓN 

Xogadores do Antela xuvenil, no vestiario en Maceda, tras a vitoria deste domingo. | FOTO: Antela F.C.

 

VITORIAS DO FILIAL E O XUVENIL
Onte, o Antela Xinzo impúxose no Fernández Carrera ao Maceda (1-0), con tanto de Andrade na primeira parte. Este domingo, o equipo xuvenil tamén venceu ao Maceda, neste caso, a domicilio (2-4).