jueves. 21.11.2024

Esta vez non, Pedro non xogará. O media punta do Antela está sancionado. O mesmo que Breixo. Tampouco xogará Borja, o nove. A columna vertebral do once titular do Antela, fóra. Sen tres pezas clave, o traballo táctico do adestrador Óscar Sabucedo será posto a proba maña (17:00 horas na Moreira) nun partido diante do Maside no que aos locais só lles vale un resultado para seguir na pelexa polo ascenso. 

Ao Maside tampouco lle vale outro resultado que non sexa a vitoria. O equipo que adestra José Manuel Rodríguez perdeu en Allariz e gañou ao Barbadás B, suma 4 puntos, un menos que o Antela. Este ano, o Maside reforzouse cos irmáns Bardelás, un mediocampista e un dianteiro que son todo. 

Manu, o dianteiro, marcou tres goles decisivos nos dous últimos partidos fóra da casa en Melias e Francelos. Álex, o medio, anotou o tanto que empataba o último partido en Outeiro Grande diante do Vilariño. O Maside rematou na cuarta praza, a última da promoción, amarrado ás botas dos Bardelás. A semana pasada, Manu abriu a vitoria contra o Barbadás cun gol no minuto 76. Leva 13 tantos esta tempada.

Así que os problemas para Óscar Sabucedo acumúlanse. Non só debe formar unha nova fronte de ataque; tamén ten que cubrir a retagarda cun substituto de garantías para Breixo, ao tempo que resolve as dúbidas sobre o labor defensivo da liña de medio campo. Pablo Forri, Carballo e Samuel, dadas as súas prestacións no anterior partido, parecen os recursos máis inmediatos para cubrir ausencias. O adestrador tamén volve recuperar aos xuvenís Borja Carballo e David Lamas, un dianteiro.

O Maside rematou na cuarta praza, a última da promoción, amarrado ás botas dos Bardelás. A semana pasada, Manu abriu a vitoria contra o Barbadás cun gol no minuto 76. Leva 13 tantos esta tempada.

O partido comezará ás cinco da tarde coa arbitraxe de André Paz López. No resto da xornada, o líder, A Peroxa, visita no campo do Seixo ao Allariz; o Sporting Celanova recibe ao Atlético Vilariño.

Hai un partido adiantado a este sábado. O que disputan nos Carrís os locais, Barbadás B, contra o Sporting Carballiño. O adestrador dos visitantes foi castigado con 3 partidos de suspensión despois dos incidentes no choque contra o Celanova (que tamén sofre a suspensión por 1 partido do seu adestrador) a semana pasada.

FÚTBOL A LIMIA | Sabucedo, obrigado a cambiar pezas clave