jueves. 21.11.2024

O Antela de Óscar Sabucedo está a catro puntos de cumprir un dos obxectivos da tempada: disputar a fase de ascenso a Preferente. Mais unha vitoria mañá (16:30 horas) diante do Cartelle na Moreira pode valer o billete á seguinte fase. 


A clasificaciónn do Antela dependerá tamén do resultado do partido entre o Santa Teresita e o Monterrei, que comeza media hora máis tarde. Un triunfo limiao descartaría ao Barbadás B, que descansa esta xornada, e tamén ao Monterrei se perde ou empata. De tal xeito que o Antela tería asegurada unha das prazas de promoción.


Pero o equipo de Óscar Sabucedo persegue aínda outro obxectivo neste tramo final da Liga. Intenta asegurar a terceira praza da clasificació final. Co Celanova e o Allariz xa inalcanzábeis, o Antela empezaría a seguinte fase con 2 puntos se remata terceiro, e con 1 punto se termina cuarto.


Para o partido diante do Cartelle, Sabucedo chamou a tres xuvenís. Ten as baixas de Samuel, Belucho e Germain, pero recupera a Vilela, que podería debutar. Na primeira volta en Cartelle os locais gañaron pola mínima, e agora chegan con algunha opción de acceder á promoción. 


Pase o que pase mañá na Moreira, ao Antela aínda lle queda unha opción máis, o partido na casa do líder, o Celanova, na última xornada de competición.

FÚTBOL A LIMIA | Unha vitoria mañá diante do Cartelle pode colocar ao Antela na promoción