Dende o día 28 de abril o municipio de Porqueira rexistraba un datos excelentes no tocante aos datos de positivos de Covid, permanecendo sempre constante na cifra de cero. Pero hoxe esa tendencia que durara catro meses rompe e suma un contaxiado nos seus resultados.
Do mesmo xeito comeza a pasar en Xinzo de Limia, o concello estaba a experimentar unha leve baixada das cifras dende o xoves da semana pasada pero onte turnaba en direción oposta. Onte sumaba un caso novo -pasando de 28 a 29- e hoxe facía o mesmo quedando cun total de 30 positivos rexistrados.
O resto de territorios conformantes da Comarca da Limia permanecen sen cambio algún, a excepción dunha leve baixada en Rairiz de Veiga que deixa ao municipio sen ningún positivo.
Así queda o rexistro de casos activos na Limia o 20/08:
- Baltar: 0
- Os Blancos: 0
- Calvos de Randín: 0
- Porqueira: 1 (+1)
- Rairiz de Veiga: 0 (-1)
- Sandiás: 3
- Sarreaus: 4
- Trasmiras: 1
- Vilar de Barrio: 3
- Vilar de Santos: 0
- Xinzo de Limia: 30 (+1)