sábado. 23.11.2024

A alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez Dorado, confirmaba esta tarde que había xa rexistrados no municipio tres casos activos de Covid- 19. Actualízase así a información dada esta mañá polo Sergas na que se recollía que só había un novo positivo en dita terra.

Os datos dados pola política foron repartidos mediante carteis por todo o pobo de Porqueira acompañados dunha mensaxe que aludía á responsabilidade e prudencia cidadá.

O municipio da Comarca de A Limia levaba dende o 28 de abril sen rexistrar caso algún de coronavirus.

CORONAVIRUS PORQUEIRA | Elévanse a tres os positivos en Porqueira