jueves. 21.11.2024

Os veciños de Sabucedo e San Lourenzo, en Porqueira, contarán esta tarde con varias charlas organizadas pola Escola Rural da Saúde da Limia en colaboración co Concello. Nelas falarase sobre a seguridade dos alimentos, as compras, a conservación e as etiquetas dos produtos que se poden mercar.

A primeira das citas será no centro social de Sabucedo ás 15:30h, para logo trasladarse tamén ao centro social de San Lourenzo ás 17:00h. Ámbalas dúas charlas estarán dirixidas pola enfermeira Elisa Cadaya, quen se encargará de falar dos temas e responderá a todas as dúbidas dos asistentes. 

NOTICIAS A LIMIA | A veciñanza de Porqueira contará con charlas sobre alimentación