Unha parella e o seu bebé foron trasladados ao PAC de Xinzo de Limia despois de sufrir un accidente no seu vehículo, un BMW, na estrada OU-301 no lugar da Forxa, no termo municipal de Porqueira. Ao parecer, un camión alcanzou por detrás ao turismo cando este freou para realizar un xiro á dereita.
Até o lugar da colisión desprazouse unha unidade do GES de Muíños, da Garda Civil e Protección Civil de Porqueira. A presenza dun bebé nun dos vehículos sinistrados fixo que se requerise a presenza do 061. A parella e o bebé foron examinados e trasladados, con pronóstico leve, ao PAC de Xinzo como medida de precaución.
O accidente produciuse ao redor das seis da tarde.
Detalles do estado no que quedou o turismo sinistrado. Á dereira na imaxe, o camión.