Os veciños de Xocín, en Porqueira, comezan este venres as suas festas patronais polo Corpus Christi. Ao longo de tres días desfrutarán de diversas actividades preparadas pola comisión de festas, composta por José Dacal, Laura Dacal e José Antonio González.
As festas comezarán hoxe pola noite cunha verbena a cargo de S’puede con Irene Angeira. O sábado, os festexos continuarán pola tarde co grupo Pentágono, que tamén ofrecerá unha sesión de noite. Os que queiran comer polbo, terán a oportunidade de degustalo o día 10 pola tarde.
O domingo será o día grande das festas en Xocín. A programación festiva arrancará pola mañá con pasarrúas, que dará paso a unha misa solemne con procesión. Logo, haberá unha sesión vermú acompañada polo grupo de gaiteiros Vai de Vagar A Forxa. As festas rematarán pola tarde cunha sesión a cargo aun DJ.