A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, comunica a alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, a aprobación inicial do Plan Básico Municipal (PBM). Nesta primeira remexa hai un total de nove municipios, Porqueira é o cuarto que acada a aprobación inicial da Xunta na provincia de Ourense e o sétimo que o fai en toda Galicia. A alcaldesa declaraba que “hoxe empeza o futuro do Concello”.
O obxetivo é que os concellos de menos de 5.000 habitantes, 37 en total, desta Comunidade teñan un instrumento propio de ordenación e así, poder desenvolver certa actividade urbanística. Con isto, Susana Vázquez destacaba que con este paso “evítase o despoboamento”.“De nada serve que queiramos que a xente quede aquí se non lle facilitamos as ferramentas urbanísticas necesarias”, concluíu a rexedora.