A Xunta de Galicia acaba de declarar como iniciativa empresarial prioritaria o proxecto de desenvolvemento dunha planta de biometano da empresa Bioenerxía Ourense no Concello de Sarreaus. O plan xa conta cun investimento de 8,27 millóns de euros.
Esta iniciativa enmárcase no contexto da Lei de simplificación administrativa, a cal busca potenciar a captación de investimentos e a creación de emprego de calidade mediante a redución dos prazos de tramitación para levar a cabo o proxecto -matendo todas as garantías xurídicas durante a tramitación- . Concretamente, a execución do plan suporá a creación duns 16 novos postos de emprego no recinto de biogás.
Con isto, axilizaríase a construción dunha planta de produción de gas renovable que utilizaría coma materia prima diferentes substratos de orixe orgánica. A partir do procesamento deste material produciríase unha primeira corrente de biogás, que sería posteriormente depurado mediante un proceso de enriquecemento para transformarse nun gas renovable denominado biometano -coñecido polo nome de gas natural renovable- , e que será inxectado no gasoduto de gas natural.
A empresa Bioenerxía Ourense estima ter dispoñobles unhas 70.000 toneladas de material orgánica ao ano, procedente de diferentes empresas agroalimentarias e do sector industrial de zonas próximas.