sábado. 23.11.2024

Na reunión telemática celebrada onte baixa a presidencia de Manuel Baltar, xunto á Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, aprobouse a concesión de máis de 190.000 euros en subvencións para cooperacións con entidades locais e actividades culturais.

Entre as axudas de cooperación cos concellos destacou a achega por valor de 80.000 euros que se realizará ao Concello de Sarreaus. Unha cantidade que será destinada ao asfaltado de vías de titularidade municipal en oito núcleos da poboación: Cortegada, Melias, Codosedo, Pazos, Paradiña, Pedroso, Sarreaus e Sas.

A maiores, o concello percibirá unha segunda subvención duns 48.000 euros para a reparación das piscinas municipais.

Outro membro da comarca da Limia, neste caso Xinzo de Limia, tamén recibirá unha axuda por valor de 13.000 euros para cubrir os gastos derivados da Festa do Esquecemento que se celebrara este ano.

NOTICIAS A LIMIA | Sarreaus recibirá 80.000 euros para o asfaltado de vías públicas