16 de noviembre de 2021, 12:47
Outro novo membro da comarca da Limia volta a unirse ao grupo de concellos con casos activos entre as súas cifras. No día de hoxe súmase Sarreaus, municipio que levaba dende o pasado 29 de agosto coas cifras a cero. Agora os seus resultados rexistran un novo positivo.
O Concello de Xinzo de Limia tamén ascende lentamente e aumenta os contaxios en un, acadando a cifra total de 9 casos activos.
Pola contra, Vilar de Santos resta un positivo, sendo o único territorio da Limia que presenta descensos na xornada de hoxe -pasa de dous a un- .
O resto de concellos con casos activos, Vilar de Barrio, Porqueira, Trasmiras e Sandiás, non presentan variacións.
Así queda o rexistro de positivos na Limia o 16/11:
- Baltar: 0
- Os Blancos: 0
- Calvos de Randín: 0
- Porqueira: 4
- Rairiz de Veiga: 0
- Sandiás: 3
- Sarreaus: 1 (+1)
- Trasmiras: 9
- Vilar de Barrio: 3
- Vilar de Santos: 1 (-1)
- Xinzo de Limia: 9 (+1)