jueves. 21.11.2024

O Centro de Desenvolvemento Rural, en colaboración co profesorado e alumnado do Ciclo Medio de Aproveitamentos do Medio Rural do IES Cidade de Antioquía, están a realizar unha serie de tarefas de recuperación dun antigo souto no Liñón, Sarreaus. O terreo, que aseguran que contén unha terra de moi boa calidade e fértil, será empregado para o aproveitamento comunitario.

O proceso de recuperación será moi lento, pasando por diversas etapas. Actualmente estanse a realizar unha serie de tarefas de acondicionamento, por exemplo mediante a eliminación de malas herbas -silvas, xestas ou fentos- . Tamén se levarán a cabo unha serie de valoracións para determinar o estado fitosanitario dos castiñeiros e ver se se deben aplicar medidas de renovación ou rexuvenecemento das árbores, o que contribuirá a mellorar a saúde e produtividade do souto.

O obxectivo final é poder ter unha zona transformada que sirva coma pasteiro, unha área na que todos desfruten das diversas castañas e cogomelos, e mesmo se poida dar algún paseo.

O proxecto destaca o patrimonio natural e cultural da comarca da Limia grazas á axuda desinteresada e ao traballo de mantemento que realizan os seus veciños a prol do mantemento da diversidade paisaxística da zona.

NOTICIAS A LIMIA | O CDR O Viso colabora na recuperación dun souto para o...