A curva volve ir cara arriba. A cifra de contaxios activos nun día disparouse este venres en Xinzo: 20 novos casos a respecto de onte, un 34% máis que activa todas as alarmas. Os rexistros levan dous días medrando na capital da comarca. E a estatística de incidencia acumulada nos últimos sete días indican que os datos do luns aínda serán peores.
A data de onte, Xinzo de Limia rexistrou 50 novos contaxios nos sete días anteriores. Mais hai que ter en conta que hai apenas tres semanas, cando a curva xa empezara a torcer cara abaixo, esa mesma estatística estaba por riba dos 100 casos.
En calquera caso, o ritmo de aumento dos casos activos en Xinzo nos últimos días é preocupante. Se entre o mércores e o xoves o incremento foi dun 14%, a porcentaxe da suba entre onte e hoxe é do 34%. É dicir, Xinzo remata a semana cun aumento porcentual similar aos que se rexistraban nos primeiros días deste 2022, xusto antes de alcanzar o pico.
Así están os rexistros
BALTAR (variación =) 1 (activos)
OS BLANCOS (=) 1
CALVOS DE RANDÍN (+2) 3
PORQUEIRA (=) 3
RAIRIZ DE VEIGA (-1) 7
SANDIÁS (=) 4
SARREAUS (=) 1
TRASMIRAS (+2) 6
VILAR DE BARRIO (=) 1
VILAR DE SANTOS (=) 1
XINZO DE LIMIA (+20) 78
No resto de concellos da comarca, non houbo variación en Baltar, Os Blancos, Porqueira, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio e Vilar de Santos. Só un concello, Rairiz de Veiga, viu reducirse (nun caso) a cifra de onte. Ademais de en Xinzo, houbo incrementos en Calvos (2 casos máis) e Trasmiras (2).