A curva da covid na comarca seguiu caendo durante a fin de semana. Xinzo de Limia rexistra este luns 84 casos, a cifra máis baixa desde o pasado 30 de decembro. O resto de concellos da comarca suman 44 casos, a mesma que o pasado 31 de decembro. A sexta onda da covid regresou aos niveis de finais do ano pasado.
Por concellos, Xinzo experimenta unha notábel caída despois de dous días sen datos. Desde o venres, a baixada na capitalidade foi dun 16,8%. Tamén baixaron Rairiz de Veiga, Sarreaus e Vilar de Barrio, mentres Vilar de Santos, que pechara a semana a cero, anota hoxe dous contaxios activos.
No lado máis esperanzador, Baltar continúa a cero, e Calvos sumouse á lista. En Calvos de Randín a última vez que se anotou un cero foi o 3 de xaneiro. Desde esa data, o concello subiu até alcanzar os 14 casos a finais de xaneiro.
Así están os rexistros
BALTAR (variación =) 0 (activos)
OS BLANCOS (=) 7
CALVOS DE RANDÍN (-1) 0
PORQUEIRA (=) 4
RAIRIZ DE VEIGA (-3) 7
SANDIÁS (+1) 15
SARREAUS (-2) 1
TRASMIRAS (-1) 2
VILAR DE BARRIO (-5) 6
VILAR DE SANTOS (+2) 2
XINZO DE LIMIA (-17) 84
En Xinzo, a incidencia nos 7 últimos días continúa baixando. Nese período detectáronse 47 novos casos. Son datos do SERGAS deste domingo, e tamén din que en Baltar e Calvos non se anotaron novos casos durante a última semana.