A curva da sexta onda da covid-19 continúa o seu lento descenso. A comarca da Limia baixa dos 200 casos activos nun día: son 196. Son 26 menos que o venres pasado a primeira vez que a cifra cae por baixa dos 200 rexistros desde o 3 de xaneiro. Xinzo reduce noutro 9% o número total de casos activos. Queda en 131. O 3 de xaneiro tiña 134.
Pero os concellos onde a cifra baixa de maneira máis acusada son Sarreaus, que pasa de 7 casos o venres a só 2 hoxe, un recorte do 70%; e Vilar de Barrio, cun 75% menos. Sarreaus é con Baltar (que segue a cero desde o venres) e Vilar de Santos, cun só un caso hoxe, o concello con menor incidencia.
En Baltar e Vilar de Santos non se anotan novos casos desde hai 7 días. Mentres, en Xinzo, nese mesmo período, o número de casos diagnosticados reduciuse de novo: foron 70; e 171 nos últimos 14 días. O efecto da primeira fin de semana do Entroido podería empezar a percibirse na estadística a partir desta semana.
Así están os rexistros
BALTAR (variación =) 0 (activos)
OS BLANCOS (-1) 9
CALVOS DE RANDÍN (-1) 3
PORQUEIRA (-1) 5
RAIRIZ DE VEIGA (-1) 9
SANDIÁS (+1) 16
SARREAUS (-5) 2
TRASMIRAS (-1) 4
VILAR DE BARRIO (-1) 16
VILAR DE SANTOS (-3) 1
XINZO DE LIMIA (-13) 131
Este luns todos os concellos da comarca viron caer a cifra de casos activos, agás Sandiás, onde se rexistrou un contaxio máis. En Sandiás, segundo o SERGAS; nos últimos 14 días anotáronse 20 novos contaxios. Só Vilar de Barrio (21 casos) e Xinzo teñen cifras máis altas nese período.