O número de casos activos de covid nun día contabilizados este mércores na comarca da Limia é de 213. Son 27 menos que onte. A principal baixada produciuse en Xinzo de Limia, con 17 rexistros menos que onte. A capital da comarca volve ás cifras de hai tres semanas (9 de marzo). En Trasmiras sumaron un caso máis e alcanzan os 26.
Durante esta sexta onda, o máximo en Trasmiras rexistrouse a mediados de xaneiro, con 18 casos. É o único concello que segue en máximos. A estatística de incidencia acumulada a sete días advirte que neste concello detectáronse 22 casos.
En Xinzo, tanto os datos dos últimos sete días como os dos últimos catorce, indican que a tendencia segue a ser descendente. Houbo 50 novos casos nos últimos sete días, e 132 na suma dos últimos catorce.
Así están os rexistros:
BALTAR (variación +1) 4 (activos)
OS BLANCOS (=) 7
CALVOS DE RANDÍN (-2) 11
PORQUEIRA (-3) 11
RAIRIZ DE VEIGA (-2) 13
SANDIÁS (-6) 15
SARREAUS (=) 15
TRASMIRAS (+1) 26
VILAR DE BARRIO (-1) 2
VILAR DE SANTOS (+1) 9
XINZO DE LIMIA (-17) 99
Na comparativa do mes de marzo, a curva en Xinzo vai tomando a forma de campá. Empezou o mes cun rexistro de 51 casos (día 2), subiu até alcanzar os 146 (día 24), e na última semana baixou un 30% até os 99 de hoxe. No resto de concellos, a tendencia xeral é que a curva tardou uns días máis en empezar a subir e tardará tamén uns días en empezar a baixar.