15 de noviembre de 2021, 13:22
A Limia continúa o seu crecemento progresivo de contaxios contabilizando un total de seis novos positivos no día de hoxe.
O Concello de Trasmiras é un dos que máis preocupa, ascendendo un 50 % na súa cifra de casos activos. Pasa de seis a nove contaxiados en tan só 24 horas- sumando así tres novas incorporacións- .
Porqueira, Vilar de Barrio e Xinzo de Limia aumentan de xeito máis lento, rexistrando un novo positivo por municipio. O primeiro concello sitúase nos catro casos o segundo en tres, e o último en oito.
Pola contra, Vilar de Santos e Sandiás permanecen estables con dous e tres positivos totais respectivamente.
Así queda o rexistro de positivos na Limia o 15/11:
- Baltar: 0
- Os Blancos: 0
- Calvos de Randín: 0
- Porqueira: 4 (+1)
- Rairiz de Veiga: 0
- Sandiás: 3
- Sarreaus: 0
- Trasmiras: 9 (+3)
- Vilar de Barrio: 3 (+1)
- Vilar de Santos: 2
- Xinzo de Limia: 8 (+1)