jueves. 21.11.2024

A comarca segue a padecer unha subida progresiva nos contaxios dos concellos membros que presentan cifras positivas de coronavirus.

Trasmiras é o territorio con máis casos activos de toda a Limia, e o que presentou un dos ascensos máis notables en toda a xornada de hoxe. O municipio suma tres novos contaxiados ata situarse nos 16 positivos. Calcúlaselle unha tasa de incidencia duns 1.259 casos por cada 10.000 habitantes.

Vilar de Barrio incorpora tamén novos positivos aos seus datos totais; concretamente dous contaxios ata acadar os sete casos activos totais.

Sandiás e Xinzo de Limia medran máis lentamente sumando só un novo positivo cada un. O primeiro concello rexistra catro casos e o segundo 13.

O resto de territorios permanecen invariables.

Así queda o rexistro de positivos na Limia o 19/11:

  • Baltar: 0
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 0
  • Porqueira: 4
  • Rairiz de Veiga: 0
  • Sandiás: 4 (+1)
  • Sarreaus: 1
  • Trasmiras: 16 (+3)
  • Vilar de Barrio: 7 (+2)
  • Vilar de Santos: 1
  • Xinzo de Limia: 13 (+1)

CORONAVIRUS A LIMIA | Os contaxios en Trasmiras seguen imparables: 16