Os contaxios por coronavirus na Limia continúan o seu lento ascenso nestos primeiros días do mes de novembro. Nesta xornada, dous novos concellos da comarca saen do grupo de territorios que levaban semanas sen presentar casos activos entre as súas cifras.
Un deles é Trasmiras, o cal non rexistraba contaxios dende o pasado un de outubro. No día de hoxe suma un novo positivo.
O mesmo lle ocorreu a Sandiás, que presentaba cero casos activos dende o día 22 de setembro, cifra que cambiou hoxe a un.
O Concello de Xinzo de Limia tamén aumenta os seus contaxios en un, acadando unha cifra total de catro casos.
Vilar de Santos e Porqueira permanecen estables, con un e tres positivos respectivamente.
Agora mesmo son só seis os territorios conformantes da Limia que non presentan casos da Covid - 19 nos seus resultados.
Así queda o rexistro de positivos na Limia o 9/11:
- Baltar: 0
- Os Blancos: 0
- Calvos de Randín: 0
- Porqueira: 3
- Rairiz de Veiga: 0
- Sandiás: 1 (+1)
- Sarreaus: 0
- Trasmiras: 1 (+1)
- Vilar de Barrio: 0
- Vilar de Santos: 1
- Xinzo de Limia: 4 (+1)