jueves. 21.11.2024

Malas novas para o Concello de Trasmiras, a vila limiá comezaba a presentar contaxios na pasada xornada de onte tras estar semanas sen positivos, pero no día de hoxe os seus casos activos cuadruplicáronse ata ascender a catro.

O alcalde do municipio, Emilio Pazos Ojea, emitiu un bando informativo para avisar á veciñanza deste rápido aumento de contaxios. Nel fixo un chamamento á responsabilidade da veciñanza e resaltou a necesidade de extremar as precaucións mediante o correcto cumprimento da normativa sanitaria para así poder evitar o rápido espallamento do virus.

Bando emitido polo alcalde de TrasmirasBando emitido polo alcalde de Trasmiras. | FOTO: Concello de Trasmiras.

Pola contra, no Concello de Porqueira, os casos da Covid- 19 comezaron a dismunuír rexistrando unha baixada de só un positivo.

O resto de membros da comarca permancen estables.

Así queda o rexistro de positivos na Limia o 10/11:

  • Baltar: 0
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 0
  • Porqueira: 2 (-1)
  • Rairiz de Veiga: 0
  • Sandiás: 1
  • Sarreaus: 0
  • Trasmiras: 4 (+3)
  • Vilar de Barrio: 0
  • Vilar de Santos: 1
  • Xinzo de Limia: 4

CORONAVIRUS A LIMIA | Trasmiras cuadruplica a súa taxa de contaxios nun só día