martes. 03.12.2024

A pouca estabilidade da que gozaba onte a comarca volta a racharse rexistrando seis novos contaxios entre os concellos membros. Os casos activos totais de toda a Limia ascenden xa a 73.

O territorio que máis preocupa é o de Trasmiras pois, con só 1272 habitantes, hoxe sobe ata os 20 positivos -suma dous contaxios máis- .

Xinzo de Limia tamén se sitúa na vintena de casos, aínda que sobrepasándoos. O concello suma dous novos contaxios e sitúase nos 22 casos activos.

Vilar de Barrio incorpora dous novos positivos, contabilizando unha cifra total de 13 contaxios.

O resto de membros da comarca permanecen estables.

Así queda o rexistro de positivos na Limia o 24/11:

  • Baltar: 0
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 0
  • Porqueira: 2
  • Rairiz de Veiga: 0
  • Sandiás: 4
  • Sarreaus: 11
  • Trasmiras: 20 (+2)
  • Vilar de Barrio: 13 (+2)
  • Vilar de Santos: 1
  • Xinzo de Limia: 22 (+2)

CORONAVIRUS A LIMIA | Trasmiras e Xinzo rexistran unha vintena de casos cada un