14 de noviembre de 2022, 15:18
Unha veciña de Abavides, en Trasmiras, foi atopada morta debaixo de escombros, na súa propia vivenda. Ata o lugar acudiron os servizos sanitarios, bombeiros de Xinzo e representantes da empresa subministradora de gas. As primeiras investigacións apuntan a un escape e posterior explosión dunha bombona de butano.