Pouco despois das 17:00 horas, un home de 58 anos, natural de Trasmiras aínda que retornado de Venezuela, faleceu, segundo as primeiras investigacións, dun infarto logo de atoparse indisposto cando paseaba coa súa bicicleta.
Segundo testemuñas, o falecido solicitoulle a unha veciña da rúa Gracia de Trasmiras que lle proporcionase un vaso de agua logo de sentirse mal. Nese intre, acabou desplomándose ao chan e foron requeridos os servizos de emerxencia. Ata o lugar se desprazaron dúas ambulancias e mesmo o helicóptero medicalizado pero, aínda que o personal sanitario tentou recuperar as súas constantes, non puderon máis que acabar certificando o seu falecemento.
🔴#AXEGAInforma de que un home perdeu a vida ao caer da bicicleta que manexaba en #Trasmiras, na Rúa Virxe da Gracia. Os servizos sanitarios, a pesar de mobilizar un helicóptero medicalizado, só puideron confirmar o seu falecemento. Tamén interviñeron os axentes da @guardiacivil. pic.twitter.com/teAeM4ZLCv
— 112Galicia (@112Galicia) June 13, 2021